lunes, 18 de marzo de 2024

Visitas de escritor@s e ilustrador@s!!

Ola peques e familias!! 
A última semana de febreiro estivo chea de VISITAS DE ESCRITOR@S E ILUSTRADOR@S grazas a Libria que non para de conseguir actividades chulísimas grazas aos seus contactos!! 
A primeira en visitar aos compis de quinto foi ANDREA MACEIRAS!! Ten unha historia alucinante arredor do libro "FOLLA AZUL" centrada no medio ambiente e no seu coidado!! 
É sempre un gusto escoitala, aprender dela e que nos agasalle coa súa orixinal sinatura nos nosos libros!! Grazas un curso máis, Andrea!!

O seguinte en visitar aos nosos compis de terceiro foi FRAN ALONSO!! O seu libro "O MEU GATO É UN POETA", escrito en verso sempre triunfa!! 
E as súas entretidas charlas tamén!! Por non falar das adicatorias personalizadas e moi creativas coas que nos sorprende en cada un dos nosos libros!! Grazas Fran!!
E os compis de primeiro tamén recibiron a visita do ILUSTRADOR CARLOS TABOADA: "PIN", que forma parte de "POLO CORREO DO VENTO". Os seus debuxos nos contos de "AMARANTA, A CARTEIRA SARAMAGANTA" e "XELO, O CARTEIRO XURELO", téñennos alucinad@s!! Pero gozar da súa arte en directo e ter a sorte de que nos guiase paso a paso para realizar nós os debuxos foi...INCRIBLE!! No seguinte enlace podedes ver máis detalles da visita, moi relacionada co proxecto de ARTE E CONVIVENCIA deste curso!! Grazas Pin!!

BLOG DE PRIMEIRO

GRAZAS A TOD@S POR ENCHER DA ARTE DA ESCRITURA E A ILUSTRACIÓN O NOSO COLE POR UN RATIÑO!! 
E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!

miércoles, 27 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

 Queridos nenos, nenas e familias:

Chega o Nadal e dende a biblio do cole,

como todos os anos, queremos

compartir con vós algunhas

recomendacións lectoras que de seguro

poden facer as delicias de peques e maiores 

nas próximas vacacións de Nadal que...

xa están á volta da esquina!!

Esperamos que vos gusten e recordade que...
"UN DÍA SEN LER É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!

Chegou o acendido de Nadal da biblio!!

Ola peques e familias!! 

O Nadal chega ao cole co acendido de Nadal da biblioteca!! 

E aquí o momento tan esperado!!

O directo neste caso gaña moito e as caras de emoción e ilusión son o mellor!!! Aquí detalliños da decoración deste curso!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO 

tamén en Nadal"!! 

Así que na próxima entrada vos deixamos unhas RECOMENDACIÓNS!! 

Apertiñas lectoras!!

Recreos na biblio!!

Ola peques e familias!! 

Na biblio do noso cole sempre hai moitísimo movemento nos recreos!! LIBROS QUE VEÑEN E VAN en préstamo para as casas sen parar!! É marabilloso!! 

E moitos momentos de lecturas!!

Os estantes de NOVIDADES sempre cheos e actualizados, atendendo tamén ás peticións de alumnado e profesorado, e algúns agasalliños como no Día do Libro... axudan moito á motivación!!

 Cabe destacar a estupenda colaboración d@s voluntari@s de sexto!!

Apertiñas lectoras!!